Coñecemos en profundidade a exposición de Anna Turbau na Coruña
Turbau viviu en Galicia, durante 3 anos fixou a súa residencia na rúa do Medio de Santiago
A mostra percorre o traballo da fotógrafa catalá en Galicia, entre 1975 e 1979
En 1978 colouse no pisquiátrico de Conxo para retratar as condicións en que vivían os pacientes
Documentou os primeiros anos da Transición, establecendo un vínculo estreito coa nosa terra
Pioneira do fotoxornalismo en España, muller cun forte compromiso social e de denuncia contra os abusos, Anna Turbau coñeceu ben Galicia, a terra onde viviu entre 1975 e 1979. A Galería Nordés da Coruña réndelle unha homenaxe e faino amosando algúns dos traballos que realizou neses anos da transición.
A mostra divídese en diferentes bloques temáticos, series que desenvolveu como a documentación do proxecto de vivendas deseñadas por César Portela e Pascuala Campos no poboado do Vao, en Pontevedra, construídas para albergar a familias de etnia xitana. Este é o primeiro traballo que trae a Anna Turbau a Galicia.