Cargando resultados...
Comeza o Festival Intersección na Coruña
IX Festival Internacional de Cine da Coruña, Intersección, do 13 ao 17 de outubro
Na Sección Internacional compiten 27 filmes que exploran temas comúns como a tecnoloxía, a memoria, ou a identidade
A Sección Galicia reúne este ano 8 filmes e 6 instalacións de formatos, linguaxes e sensibilidades diversas
G24.gal
14/10/2026 09:51
Novena edición dun festival que segue fiel ao seu obxectivo de funcionar como punto de intersección para formatos, disciplinas, tecnoloxía e sobre todo de persoas, creadores, público e industria.
As propostas distribúense entre catro espazos da cidade: a Filmoteca, O Palexco, a Fundación Seoane e os cines Cantones, e inclúen proxeccións, instalacións, encontros e máis.