Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tato Ferruccio, talento arxentino para o Liceo

Tato Ferruccio, talento arxentino para o Liceo

O arxentino, con pasado en Barcelos, Oliveirense e Tomar, recala no conxunto verde e branco, que xa anunciou a incorporación de Arnau Xaus

G24.gal 20/06/2024 12:34 Última actualización 20/06/2024 12:41

Tato Ferruccio (San Juan, A Arxentina, 1997) será xogador do Liceo a tempada 2024-25. O dianteiro arxentino firma por un curso, con opción a un máis.

Con el, o conxunto verde e branco segue sumando goles, xa que nas súas dúas últimas tempadas co Tomar portugués superou a cifra das 80 dianas. Únese a Arnau Xaus, confirmado tamén esta semana e que o curso pasado foise ata os 43 tantos co Calafell.

O de San Juan é unha vella aspiración liceísta, que xa se interesou por facerse cos seus servizos hai dous anos, cando cambiou o Oliveirense polo Tomar. Antes militara tamén no Barcelos e no Oeiras, tamén na competición lusa, e pasou así mesmo polo Bassano italiano.

É un xogador cunha gran técnica individual e ademais moi competitivo, polo que se espera que encaixe á perfección ao sistema de Juan Copa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade