Unha variedade de froitas a 1,29 euros, unha idea para promover o consumo e fomentar a política de cero desperdicio
Unha variedade de froitas a 1,29 euros, unha idea para promover o consumo e fomentar a política de cero desperdicio
Tarifa plana para a froita
"Os nosos clientes eu creo que están encantados da vida", comenta a propietaria da froitería.
"Formidable é isto que puxeron da tarifa plana".
"Pareceume unha obra moi importante", apuntan as súas clientas.
A froita é un deses produtos que nos lembran a inflación que estamos a vivir
" Uff, amiga, os kiwis a seis euros e pico, hai prezos que non podes chegar", conta unha señora.
"O plátano chegou a superar os catro euros", informa Ana.
Foi por iso que Ana e Castora decidiron poñer en marcha unha campaña de promoción con certos produtos a tarifa plana, aínda que confesan que a idea non foi exactamente delas.
"Un día estabamos no mercado na Coruña, comprando a froita, coma sempre, e un dos vendedores díxonos, 'veña isto e mais isto e mais isto pois a tanto', non recordo o prezo, e dixo 'veña vai', tarifa plana e entón funlle dando voltas e dixen: ummmm, que boa frase para a nosa froita", conta Ana Gesto, propietaria da froitería.
Con esta campaña promoven o consumo de froitas a un prezo máis económico e a un tempo danlles saída a certos produtos antes de que se estraguen.
"Antes de perdela, obviamente, tarifa plana", insiste a froiteira.
"Podes levar variado de froita e ademais os prezos son moi accesibles", explica un cliente.
"Accesible, pero que estea boa, entón choiando moito o mercado, preguntando moitos prezos e incluso regateando", finaliza Ana.