Tapia: "O seu gol é un claro fóra de xogo"
Tapia: "O seu gol é un claro fóra de xogo"
O mediocampista do Celta considera chave no resultado o erro arbitral da recta final do partido

Un gol, con polémica incluída, no tempo de prolongación, impediu ao Celta sumar os tres puntos nos Cármenes e certificar a permanencia de maneira matemática na primeira división. Na zona mixta do feudo nazarí estivo o Galicia en Goles e conversou co peruano Renato Tapia, que regresou á titularidade.
"Foi un duro partido, cun partido que xoga a permanencia. Foi unha pena porque marcan un gol ao final que está en fóra de xogo, pero iso non pode servir de escusa. Somos o Celta. Son cousas que pasan, que nos levan pasando todo o ano e hai cousas coas que non podemos batallar. Estamos en época de VAR e tería que entrar. Agora a pensar no partido en Balaídos"
Tapia quixo amosarse ambicioso e destaca o obxectivo acadado pero recoñece que quería máis.
"Toca cólera por pensar só na permanencia porque este equipo ten para moito máis. Trataremos de pechar o ano da mellor maneira e a afección se sinta representada polo noso traballo"