Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tanxugueiras recibiu máis do 70 % do televoto e a mínima nota (2) dun membro do xurado

Tanxugueiras recibiu máis do 70 % do televoto e a mínima nota (2) dun membro do xurado

RTVE fai unha conferencia de prensa e desagrega os votos do xurado profesional, do xurado demoscópico e do televoto

A compañía de Radio Televisión Española defende a profesionalidade e independencia dos cinco membros do xurado profesional

G24.gal 02/02/2022 19:40

Radio Televisión Española desagregou esta tarde o resultado das tres votacións para escoller a canción representante de España en Eurovisión. Asegurou que o Benidorm Fest se celebrou sen irregularidades e que o xurado é profesional e independente.

Esta aclaración chega despois de que nas redes sociais se cuestionase a transparencia á hora de escoller a canción gañadora do Benidorm Fest. Algunhas das presuntas irregularidades que se atoparon foi a posible presión por parte de grupos discográficos ou a relación dun membro do xurado con Chanel, artista gañadora.

Por estas acusacións, RTVE  organizou unha conferencia de prensa. Nela, informou de que Tanxugueiras foron as absolutas favoritas do público, cun 70,75 % dos votos, repartidos en 53.623 chamadas e 94.220 mensaxes de texto. Chanel, a gañadora do festival, recibiu un 3,97 % da votación do público.

No caso do xurado demoscópico, Tanxugueiras recibiron 2.758 puntos e un 14,58 % das votacións. Pola súa parte, Chanel recibiu 2.624 puntos e un 13,88 % das votacións.

Por último, os votos do xurado profesional a Tanxugueiras reflicten que un dos membros lles outorgou a mínima puntuación, por debaixo incluso dunha proposta que non puido actuar en directo e se xulgou conforme a un videoclip. As puntuacións foron anónimas debido ás ameazas recibidas, "incluso de morte". O que se coñece é que Tanxugueiras recibiron dos cinco membros dez, sete, catro, sete e dous puntos.

RTVE insistiu en que os membros do xurado son profesionais e independentes, "con longuísima traxectoria profesional, e foron escollidos precisamente pola súa experiencia". Ás acusacións de favoritismo, aseguraron que RTVE non tiña ningún interese en que gañase Chanel e que é normal que o xurado coñeza alguén do equipo das distintas propostas "porque son profesionais e polo seu contacto coa industria musical. O preocupante sería que non se coñecesen".

A Corporación tamén quixo transmitir que están traballando na xira europea con Chanel no camiño a Turín, porque a proposta española para Eurovisión sempre chegaba á final sen ser coñecida. Ademais, aseguran que están traballando na segunda edición do Benidorm Fest e corrixindo os erros que atoparon nesta primeira edición.

Segundo afirma a corporación: "Aquí non hai perdedores; as trece cancións son gañadoras, todas e todos gañamos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar