Publicador de contidos
Publicador de contidos

Svensson: "Sen Quiles, os demais sabemos que temos que dar un paso á fronte"

Svensson: "Sen Quiles, os demais sabemos que temos que dar un paso á fronte"

Svensson leva tres goles nos últimos tres partidos

Foto @RCDeportivo
G24.gal 08/06/2023 14:39 Última actualización 08/06/2023 14:49

Max Svensson é a noticia agradable das últimas xornadas. Está marcando tantos decisivos. É o substituto de Alberto Quiles en ataque. E está respondendo á confianza de Rubén de la Barrera con goles e con traballo.

O Deportivo atopou en Svensson a pólvora que lle levou a lesión de Quiles. Tres goles nos últimos tres partidos.

"É unha mágoa que non estea. Os demais temos que dar un paso á fronte para lograr o obxectivo".

Entre eses goles, o que lle dá ao Deportivo unha vantaxe na eliminatoria que ve máis valiosa do que aparenta.

O Castellón gábase da súa fortaleza na casa, pero dos últimos cinco partidos empatou catro. Os xogadores castellonencos saben que un empate non lles sirve neste partido de volta pero se conseguen a vitoria pasarán de eliminatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade