Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspendido o tráfico de trens entre Lugo e Monforte de sábado a martes

Suspendido o tráfico de trens entre Lugo e Monforte de sábado a martes

Esta suspensión é consecuencia das obras que Adif está a realizar para mellorar a liña e electrificar esa parte do trazado

O tráfico volverá ser interrompido neste treito entre o 12 e o 14 de novembro

G24.gal 14/10/2022 11:13 Última actualización 15/10/2022 08:23

O tráfico ferroviario entre Lugo e Monforte de Lemos volverá interromperse esta fin de semana, concretamente de sábado a martes, como consecuencia das obras que Adif está a realizar para mellorar a liña e electrificar esa parte do trazado.

Segundo informa Adif, están realizando os traballos necesarios para instalar o sistema de electrificación no trazado da liña de ferrocarril convencional de 75 quilómetros de lonxitude entre Monforte de Lemos e Lugo Mercancías, e as actuacións previstas obrigarán a interromper o tráfico ferroviario entre o día 15 e 17 de outubro e entre o 12 e o 14 de novembro.

Entre actuacións que está a realizar Adif na vía están a renovación de vías e desmonte de lastre. Nas infraestruturas traballan en obras de drenaxe, pasos superiores, túneles e foxas, deste treito de liña, para posteriormente proceder ao tendido das liñas eléctricas.

Estes traballos supoñen a elevación da vía e outras instalacións durante varios quilómetros do trazado, para permitir o descenso e apoio nos túneles, ademais de adecuar as pontes existentes para a instalación da catenaria.

As actuacións, que se desenvolverán entre os días 15 e 17 de outubro e entre o 12 e o 14 de novembro, "non son compatibles coa prestación do servizo ferroviario, polo que a empresa ferroviaria Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos previstos para eses días"informa Adif nun comunicado.

Con estas obras, "Adif avanza na renovación que realiza na liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, de 117 km, para optimizar as súas condicións de explotación comercial en canto a fiabilidade, confort e tempos de viaxe", engade.

A finalidade, explica Adif, é a modernización das súas instalacións e infraestruturas, coa electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo a 25 kV en corrente alterna e a adaptación a esa tensión do tramo xa electrificado entre Ourense e Monforte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade