A circulación ferroviaria con Madrid estará suspendida polo menos ata as nove e media do luns
Renfe habilitou dous servizos especiais de trens en cada sentido entre Madrid e Zamora, dentro da liña de alta velocidade Madrid-Galicia

A circulación ferroviaria entre Madrid e Galicia por alta velocidade seguirá cortada o luns a primeira hora. Así o acaba de actualizar Renfe, que di que ata as nove e media da mañá non haberá trens. Desa hora volverase examinar a situacion dos incendios para valorar se se pode restablecer a circulación.
🔔 ACTUALIZACIÓN GALICIA 20:45
— InfoRenfe (@Inforenfe) August 17, 2025
🔴 La línea de alta velocidad seguirá cortada mañana a primera hora entre Sanabria y Ourense. Quedan cancelados, por tanto, todos entre Galicia y Madrid hasta las 9:30.
A esa hora se volverá a examinar la situación y actualizaremos la…
Renfe xa anunciara esta mañá que se ían habilitar de novo dous trens especiais en cada sentido entre Madrid e Zamora, na liña de alta velocidade Madrid e Galicia, que está cortada desde o xoves como consecuencia dos lumes.
"En Ourense existen 16 incendios activos e as altas temperaturas e os refachos de vento impiden operar o servizo ferroviario con seguridade", explica o ente xestor de infraestruturas ferroviarias.
Previamente, o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, indicara xa esta mañá que era "moi probable" que hoxe tampouco se puidese renovar o servizo da LAV Madrid-Galicia.
Como ayer nos temíamos, es muy probable que hoy tampoco podamos reanudar el servicio de la LAV Madrid-Galicia. https://t.co/osxHDSeJ4x
— Oscar Puente (@oscar_puente_) August 17, 2025
En concreto, Renfe informou de que se habilitaron para este domingo catro servizos, dous desde Madrid ata Zamora, con saída ás 13:20 horas e ás 19:17 horas, e outros dous en sentido contrario, que saían da capital zamorana ás 14:36 horas e ás 20:11 horas.
O ministro Puente deu explicacións este sábado na rede social X ante a petición de servizo de autobuses para suplir os trens que non poden usar a LAV-Madrid Galicia. Así, engadiu que o primeiro día fíxose, pero "cortaron a estrada (cousa probable de novo) o que é aínda peor para os viaxeiros que quedan tirados".
Aquí un vídeo de los autocares que fletó Renfe desde Sanabria a Ourense. Tampoco habría estado de más que se contase que iban escoltados por la Guardia Civil y que, por tanto, su seguridad estaba garantizada. Pero desde luego es una razón más para no habilitar autobuses. https://t.co/GsP78bFMUD pic.twitter.com/AIPXVWQq2M
— Oscar Puente (@oscar_puente_) August 16, 2025
Ademais indicou que "non se trata de suplir un tren ou 4 trens con autobuses", senón de proporcionar ese servizo a miles de persoas. "Necesitariamos un operativo importante e complexo do que non dispoñemos", apuntou.
Neste sentido, sinalou que "non hai tantos buses listos para ser contratados nin temos capacidade" e concluíu que "hai empresas privadas de buses que ofrecen este servizo mesmo na VAC do Ministerio".