Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspendido o Bélxica-Suecia polo asasinato de dous seareiros suecos

Suspendido o Bélxica-Suecia polo asasinato de dous seareiros suecos

O partido, correspondente á fase de clasificación para a Eurocopa, adiouse no descanso cando o equipo visitante tivo coñecemento do acontecido

G24.gal 16/10/2023 22:30

O partido da fase de clasificación para a Eurocopa de 2024 entre Bélxica e Suecia disputado en Bruxelas foi suspendido no descanso por motivos de seguridade despois de que ao serán foran asasinadas dúas persoas de nacionalidade sueca que ían acudir ao encontro. 

O partido ía con empate (1-1) logo dos goles marcados por Gyokeres para os suecos (minuto 15) e de Lukaku para Bélxica no 31. Os dous equipos foron informados ao descanso mentres era evacuado o presidente da Federación Sueca de Fútbol. Os escandinavos negáronse a seguir xogando, algo que apoiaron os belgas. 

O Goberno de Bélxica activou un centro de crise tras o asasinato, que aconteceu pouco despois das 19:15 horas. O terrorista non foi detido e a policía reforzou a seguridade arredor do campo Rei Balduino onde se ía xogar o partido. 

O suposto agresor é Slayem Slouma, que publicou un vídeo en redes sociais en que afirmaba pertencer ao Estado Islámico e presumía de executar "infieis". No seu discurso asegurou que disparara ás dúas persoas "para vingar os musulmáns".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar