Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retoman a venda de entradas para o Celta-Sevilla despois inundacións de Balaídos

Retoman a venda de entradas para o Celta-Sevilla despois inundacións de Balaídos

O motivo, explicaron, é que os servidores quedaron inutilizables

G24.gal 20/12/2022 12:22 Última actualización 21/12/2022 12:24

O Celta informou onte que, debido ás consecuencias das inundacións no estadio de Balaídos, víronse obrigados a suspender de maneira temporal a venda de entradas para o próximo partido en casa, fronte ao Sevilla o 30 de decembro.

O motivo, explican, é que os servidores quedaron inutilizables, o que impide que se despachen entradas, tanto en despacho de billetes como de maneira en liña.  Unha vez solucionados os problemas, as entradas volven estar á venda.

Como cada vez que caen intensas choivas en Vigo, os exteriores de Balaídos asolagáronse por completo e o mesmo sucedeu no interior, na zona de Tribuna. A entidade viguesa amosou varias imaxes da altura ata a que chegou a auga e os danos que causou en distintas dependencias que inclúen os despachos de billetes, pero tamén a tenda ou o túnel de vestiarios:

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos