Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segundo día sen transporte escolar nas montañas de Lugo e Ourense

Segundo día sen transporte escolar nas montañas de Lugo e Ourense

O temporal tamén obrigou a pechar algúns centros escolares na montaña

G24.gal 18/01/2023 14:36

Este mércores é o segundo día que a neve obriga a suspender rutas de transporte escolar e mesmo a pechar centros. 

As máquinas traballaban arreo para limpar estradas no acceso a Cualedro. Un dos concellos ourensáns afectados hoxe pola supresión do transporte escolar. 

O alcalde mantiña que "non están as estradas para andar arriscando, non?. Os autobuses son vehículos moi pesados e non se moven ben, non se manexan ben na neve".

E sen transporte escolar as vilas cobran protagonismo con nenos e maiores xogando na neve

Canda a montaña de Ourense, a de Lugo quedou por segundo día sen transporte escolar. Unha decisión que a Consellería de Educación ampliou ao sur da provincia de Ourense. O resto de Galicia mantense en seguimento ante calquera cambio nas condicións meteorolóxicas.

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez explicou que  "temos que pedir sempre desculpas ás familias, pero tamén temos que ser conscientes de que todas as decisións se toman sempre para intentar minimizar os riscos e que non haxa incidencias de carácter significativo que, afortunadamente, máis alá de non ir un día ou unha serie de días os nenos ao centro escolar non a hai"

Onte o temporal afectou máis de 1.100 alumnos e 31 centros nas provincias de Ourense e Lugo. Nesta última, houbo sete que suspenderon as clases. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar