Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suplántanlle a identidade para abrir contas bancarias e alugar pisos inexistentes

Suplántanlle a identidade para abrir contas bancarias e alugar pisos inexistentes

A muller, a pesar de denunciar unha estafa, está a ser investigada pola xustiza e chegou a ser detida

G24.gal 13/04/2023 14:07

Cristal Cougil iniciou os trámites para vender un vehículo. Facilitou o seu DNI e o seu número de conta vía WhastApp. Axiña se decatou de que era unha estafa, cando o seu interlocutor a bloqueou. Fixo dúas denuncias: unha neste momento e outra cando a avisaron de que alguén abrira unha conta en Madrid ao seu nome. 

Non lle valeu de nada. Acabou requirida por un xulgado de Mallorca e detida en Vigo cando se achegou á comisaría. Quedou en liberdade con cargos. Ten que notificar cada vez que sae de Vigo e xustificar calquera movemento das súas contas bancarias, polo que xa non as usa.

O Banco de España dálle a razón, pero ten que agardar ao xuízo. Polo de agora está acusada de  suposta estafa por alugar vivendas en Mallorca, un lugar en que nunca estivo. Cristal xa non se fía e agarda saír axiña desta lea xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade