Sumar propón que a contía das sancións de Tráfico se establezan en función dos ingresos do infractor
Sumar propón que a contía das sancións de Tráfico se establezan en función dos ingresos do infractor
Presentou unha proposición non de lei para modificar o réxime sancionador de Tráfico
A iniciativa contempla aumentos de ata un 500 por cento para as rendas máis altas e reducións de ata un 30 por cento, para as máis baixas
Cada ano o Estado recada en multas máis de 500 millóns de euros. Unha cifra que podería aumentar. Sumar propón que as sancións sexan progresivas.
"Axustando a contía das multas ás rendas melloraremos a seguridade das estradas, é a única forma de que a ameaza da sanción sirva para disuadir aos condutores, sexan ricos ou non", di Enrique Santiago, voceiro adxunto do Grupo Plurinacional Sumar.
A iniciativa contempla aumentos de ata o 500 por cento nas rendas máis altas e reducións do 30 por cento nas máis baixas. Expertos en dereito cuestionan a súa legalidade. "Non é o mesmo que un imposto que si pode pivotar en base a capacidade económica pero unha multa non pode ir aliñada coa capacidade económica do infractor", explica Carlos del Pino, avogado tributario.
O actual réxime sancionador de Tráfico establece que é a gravidade da infracción a que determina a contía da sanción.