Sumar: amnistía de 2013 a 2023 pola "falta de proporcionalidade" xudicial
O documento, presentado nun acto en Barcelona ao que asistiu Yolanda Díaz, asegura que a amnistía é unha "ferramenta política útil para pacificar o conflito" en Cataluña
O PSOE desmárcase da proposta de Sumar
Nas negociacións para a investidura, Pedro Sánchez reuniuse hoxe co PNV e o BNG
Sumar presentou en Barcelona o dictame elaborado por varios xuristas que avalaría, na súa opinión, a legalidade da lei de amnistía. O ditame prevé que a medida abarque o período entre 2013 e 2023. A formación de Yolanda Díaz xustifica a amnistía pola "falta de proporcionalidade con que se adoptaron certas decisións xudiciais" en Cataluña.
O documento, a cuxa presentación en Barcelona asistiu a vicepresidenta do Goberno en funcións, argumenta o encaixe da amnistía no marco constitucional. Para Sumar é unha "ferramenta política útil para pacificar o conflito".
"Esta lei de amnistía que agora se propón servirá, sen dúbida, para establecer as bases para a solución do conflito político existente entre Cataluña e o Estado español, que resultou agravado por unha contundente represión penal e pola falta de proporcionalidade con que se adoptaron certas decisións xudiciais", sinala o ditame.
O PSOE desmárcase da proposta de Sumar.
Doutra banda, nas negociacións para a investidura, Pedro Sánchez reuniuse este martes co BNG e co PNV. Tanto Néstor Rego como Aitor Esteban ven vontade de acordo, pero non o dan por feito.