Stellantis Vigo estuda un novo ERTE para 2022
Stellantis Vigo estuda un novo ERTE para 2022
Prevese que a crise dos microchips continúe o ano que vén
A fábrica viguesa de Stellantis, antiga Citroën, encara a recta final do ano cunha nova parada e suma xa máis de 50 xornadas sen poder producir por falta de aprovisionamentos co impacto que iso supón na produción de vehículos.
A crise mundial dos microchips ou semicondutores chegou nun momento en que esta planta estaba fabricando ao máximo da súa capacidade. Iso xa supuxo a suspensión temporal da quenda de fin de semana do sistema 2, o que fai as furgonetas e monovolumes.
Desta vez están sen traballar todas as quendas do sistema 1, o que fai o Peugeot 2008, o Peugeot 301 e o C-Elysée, e non retomarán a actividade ata o xoves pola mañá e xa se intúe a necesidade de aprobar outro ERTE para o ano que vén.