Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stellantis recibirá fondos europeos para o proxecto do vehículo eléctrico

Stellantis recibirá fondos europeos para o proxecto do vehículo eléctrico

Agárdase que o Goberno acepte as alegacións do grupo automobilístico nas próximas horas

G24.gal 05/10/2022 14:42

Stellantis, a antiga Citroën, podería recibir máis de 40 millóns de euros de fondos europeos. Agárdase que nas próximas horas o Ministerio de Industria acepte de xeito oficial as alegacións presentadas polo grupo automobilístico para acceder a esas axudas para o vehículo eléctrico e conectado, que inclúe un taller de baterías en Vigo. É menos do que recibirán Seat, con 167 millóns, ou Mercedes con 159. 

Tamén opta a fondos europeos o proxecto para transformar os excedentes de xurro das explotacións gandeiras en biometano. Naturgy, Repsol e Reganosa, co apoio da Xunta, queren poñer en marcha en 2026 a planta que xeraría o 7 % da demanda gas natural que hai en Galicia.

O vicepresidente económico do Goberno galego destacou a capacidade da colaboración público-privada para mellorar a economía rural: "É un proxecto que ademais será impulsado a través da figura dos proxectos industriais estratéxicos que conforman unha prioridade para o Goberno Galego para dar unha resposta económica, medioambiental e enerxética a unha realidade no medio rural".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade