Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sospéitase que os autores do roubo millonario en Vigo realizaron outros en Ourense

Sospéitase que os autores do roubo millonario en Vigo realizaron outros en Ourense

Empregan o método do esvarón para abrir as portas e usan calcetíns nas mans para non deixaren pegadas

Imaxes cedidas por 'Atlántico' Imaxes cedidas por 'Atlántico'
G24.gal 26/10/2021 17:42

As dúas asaltantes que supostamente roubaron numerosas xoias nunha vivenda de Vigo, poderían pertencer a un grupo organizado de fóra de España, cuxa presenza xa se tería detectado hai meses en Ourense. A imaxe de ambas, captada polas cámaras de seguridade, coincide con outras pertencentes a varios roubos rexistrados na cidade das Burgas.

En todos os casos o modus operandi é igual. Empregan o método do esvarón para abrir as portas e usan calcetíns nas mans para non deixaren pegadas. Aínda que a Policía de Vigo non certifica a súa nacionalidade por non estar identificadas, o seu xeito de actuar situaríaas no marco de actuación dos grupos itinerantes dedicados aos roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar