O Ourense C. F. - Deportivo e o Barakaldo - Rácing de Copa serán televisados pola Galega
O Ourense C. F. - Deportivo e o Barakaldo - Rácing de Copa serán televisados pola Galega
Completan os emparellamentos galegos o Salamanca - Celta e o Pontevedra - Vilarreal
O partido do Couto xogarase o 4 de decembro e o de Lasesarre o día 5, os dous ás 20:00 horas
Este mércores celebrouse o sorteo da segunda eliminatoria da Copa do Rei, con cinco equipos galegos e un duelo galego de rivalidade. Os partidos vanse disputar a próxima semana a noventa minutos, agás que haxa prórroga.
O Celta xogará en Salamanca, onde debutou Iago Aspas hai dezaseis anos co primeiro equipo. Estadio Helmántico. Ao Rácing de Ferrol tocoulle o Barakaldo, de Primeira Federación.
No Couto veremos o duelo galego Ourense C. F.-Deportivo. Coincide a visita do Deportivo coa reacción do Ourense. O Ourense está dirixido por un técnico, Pablo López, formado nas categorías inferiores da entidade branca e azul. Ourense e Deportivo manteñen unhas excelentes relacións.
Ao Pontevedra tocoulle un rival de consideración, un Vilarreal cheo de futbolistas de nivel europeo Pasarón volverá asistir a outra día de festa. Chegará o Vilarreal, dos mellores equipos da liga, con temporadas en Europa e pelexando polos postos altos. No Vilarreal están Santi Comesaña e Denis Suárez, que está volvendo dunha lesión. Tras eliminar ao Levante o cadro de Iago Iglesia prepárase para outra fazaña.
Estes son todos os emparellamentos:
CE Europa (2ª RFEF)-As Palmas (1ª)
UE Olot (2ª RFEF)-Sevilla (1ª)
Orihuela (2ª RFEF)-Xetafe (1ª)
U. D. Logroñés (2ª RFEF)-Xirona (1ª)
Sant Andreu (2ª RFEF)-Betis (1ª)
Salamanca UDS (2ª RFEF)-Celta de Vigo (1ª)
Conquense (2ª RFEF)-Real Sociedade (1ª)
Cacereño (2ª RFEF)-Atlético de Madrid (1ª)
Estepona Fútbol Sénior (2ª RFEF)-Leganés (1ª)
Real Ávila (2ª RFEF)-Valladolid (1ª)
U. D. Barbastro (2ª RFEF)-Español (1ª)
Deportiva Minera (2ª RFEF)-Alavés (1ª)
S. D. Ejea (2ª RFEF)-Valencia (1ª)
Pontevedra (2ª RFEF)-Vilarreal (1ª)
Ourense (1ª RFEF)-Deportivo (2ª)
Nàstic (1ª RFEF)-Huesca (2ª)
Marbella (1ª RFEF)-Burgos (2ª)
Ponferradina (1ª RFEF)-Castellón (2ª)
Zamora (1ª RFEF)-Tenerife (2ª)
Barakaldo (1ª RFEF)-Rácing de Ferrol (2ª)
Yeclano Deportivo (1ª RFEF)-Elxe (2ª)
Unionistas (1ª RFEF)-Raio Vallecano (1ª)
Andorra (1ª RFEF)-Cartaxena (2ª)
Cultural e Deportiva Leonesa (1ª RFEF)-Almería (2ª)
Ceuta (1ª RFEF)-Osasuna (1ª)
Cádiz (2ª)-Eldense (2ª)
Rácing de Santander (2ª)-Sporting de Xixón (2ª)
Real Zaragoza (2ª)-Granada (2ª)