Cargando resultados...
Sorpresa entre os veciños pola presenza dun coche na praia en Moaña
Un guindastre logrou retiralo do areal
Investigan os motivos polo que o automóbil con varios menores rematou nese lugar
G24.gal
30/04/2022 20:50
A Policía Local de Moaña investiga un incidente que aconteceu este serán na praia do Con.
Varios veciños alertaron da presenza dun coche no medio do areal. Chegou a poucos metros do mar e non conseguía volver ao asfalto. Foi necesaria a intervención dun guindastre para conseguir sacalo.
A actitude do condutor espertou as sospeitas dos veciños e axentes. Unhas sospeitas que medraron cando comprobaron que no interior do coche había varios menores. O suceso espertou moita expectación na vila e, a esta hora, aínda hai moitas incógnitas por resolver. O coche abandonou o lugar a moita velocidade tras unha conversa cos axentes.