Soriano: “Se gañamos ao Córdoba, vai ser un bo golpe enriba da mesa”
O mediapunta recibiu o premio Xogador Estrella Galicia no Deportivo do mes de outubro
Está nun momento de forma notable e vén de marcar nos dous últimos partidos. O deportivismo decantouse pola elección de Mario Soriano como galardoado a Xogador Estrella Galicia do mes de outubro. O madrileño é un puntal intocable nos plans de Antonio Hidalgo sendo titular nos 13 partidos de LaLiga disputados ata a data.
A súa posta en escena na mediapunta ou mesmo máis atrasado na medular, é unha das virtudes nas que destaca este Deportivo cun xogador que acumula tres tantos e tres asistencias coa súa firma. O futbolista madrileño, de 23 anos, analizou o seu momento de forma, o do equipo e a visita ao Córdoba deste domingo.
“Estamos ben e as sensacións son boas despois desa pequena serie que tivemos menos boa".
O próximo rival será o Córdoba. Os andaluces levan oito partidos sen perder.
“Creo que gañar ao Córdoba é un reto bonito e difícil. Se conseguimos os tres puntos vai ser un bo golpe encima da mesa. O Córdoba vén nunha dinámica moi boa e son moi bo equipo. O míster tenos moi ben preparados. Se gañamos sería a terceira vitoria en Liga e a cuarta para o equipo coa de Copa".
O partido poderase ver en directo pola primeira canle da TVG.