Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sogama:"A suba do canon aos concellos débese ás medidas tomadas polo Goberno central"

Sogama:"A suba do canon aos concellos débese ás medidas tomadas polo Goberno central"

Entre elas estaría o novo imposto estatal sobre vertedura e incineración, a orde ministerial que elimina a retribución que recibía Sogama pola planta termoeléctrica de Cerceda e o imposto estatal de produción de enerxía

O incremento do canon de xestión de residuos será duns 30 euros por tonelada

G24.gal 31/08/2024 14:38

Sogama xustifica a suba do canon na xestión de residuos para paliar o impacto económico de varias medidas tomadas polo Goberno central, entre elas, segundo apuntan, está o novo imposto estatal sobre vertedura e incineración, a orde ministerial que elimina a retribución que recibía Sogama pola planta termoeléctrica de Cerceda e o imposto estatal de produción de enerxía.

Sogama asegura que no último ano e medio asumiu en solitario o sobrecusto de 39 euros por tonelada de xestión de residuos.

"Isto produciunos unhas perdas no 2023 de 18 millóns de euros, no 2024 imos seguir perdendo e como empresa pública temos que garantir a viabilidade e sustentabilidade da sociedade e por iso esa actualización dos 39 euros, dos cales Sogama só vai subir 30 euros aos concellos", di Javier Domínguez, presidente executivo de Sogama.

O seu presidente executivo di sentirse sorprendido das queixas ante esta medida dalgúns concellos, coma o do Vigo, o Santiago, e da Fegamp.

"Sorprende que agora lle boten a culpa tanto á Xunta como a Sogama cando o único culpable é o Goberno central que é o que crea eses novos impostos e o que eliminou esa retribución que Sogama tiña dereito a percibir ata o 2026", aseverou.

Sogama presta servizo a máis do 90 % dos concellos galegos.

"Incluso con esta actualización do canon Sogama vai ter o canon máis barato de Galicia e vai ser un dos máis baratos de España", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade