Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soben as temperaturas por riba dos 30 graos en Ourense, nas concas do Miño e do Sil

Soben as temperaturas por riba dos 30 graos en Ourense, nas concas do Miño e do Sil

En toda a conca do Miño, no Ribeiro, e tamén no val do Sil, en Valdeorras, e no de Lemos, en Monforte, poden superar hoxe os 30 graos

G24.gal 15/06/2023 14:10

Desde pola mañá xa se sentiu a calor e o tempo solleiro. O ceo amenceu hoxe moito máis despexado ca onte e por uns dúas semella o verán. Un sol que é benvido despois de tanta chuvia seguida.

Aquí na cidade de Ourense van ir subindo e segundo as previsión de Meteogalicia poden chegar esta tarde ata os 32 graos. Pero non só aquí en Ourense, senón en toda a conca do Miño, no Ribeiro, e tamén no val do Sil, en Valdeorras, e no de Lemos en Monforte poden superar hoxe os 30 graos.

O bo tempo e a calor animan a xente a saír a pasear ou a tomar o sol na Chavasqueira.

"Eu creo que si, está subindo a calor, xa onte estivo con calor e hoxe tamén".
"Agora si xa empeza a vir a xente, moito estranxeiro igual, pero coa calor máis. Si, aquí hai ambiente, sobre todo por esta zona, tanto pola mañá como pola tarde".
"Claro que si apetecía a calor, e aínda non veu o que ten que vir".

Hoxe é o primeiro día deste mes que vai calor, pero estase ben, a min gústame". 

"Suando coma todos". 

"Vai moita calor, eu son da Coruña e eu creo que é inaguantable, e máis agora que estou en exames". 

"Aquí en Ourense agora temos calor pero nuns día ao mellor volve o frío". 

Tempo cambiante e calor á que xa están acostumados os ourensáns, pero que estes días presta máis despois de tanta chuvia.

"Que se fora a chuvia un pouquiño".

"Si, porque de auga agora xa estamos bastante ben servidos". 

"Facía falta tamén, tamén anima un pouco máis á xente, porque senón a xente moi apagada coa chuvia".

Soben as temperaturas non só na cidade de Ourense, en xeral en toda Galicia o tempo é por uns días máis propio desta época do ano. Pero os termómetros volverán subir máis na conca do Miño e do Sil, onde se agarda superar os 30 graos. Aproveiten, porque a fin de semana poden volver a inestabilidade e a chuvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar