Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve xa só está presente nas zonas de alta montaña

A neve xa só está presente nas zonas de alta montaña

A pesar de que deixou de nevar, as baixas temperaturas manteñen a paisaxe branca nestas áreas

G24.gal 20/01/2023 14:08

Xa non hai previsións de neve a curto prazo, pero aínda está presente en puntos de Galicia como no Cebreiro. Só nas zonas altas se mantén a paisaxe nevada, zonas onde se rexistraron acumulacións de neve por riba dos 30 centímetros. Como ocorre  no Cebreiro. 

Desde que caeron as primeiras folerpas, o goteo de visitantes é constante, queren gozar da paisaxe invernal e, aínda que deixou de nevar, isto é posible grazas ás baixas temperaturas, que están axudando a que a neve tarde en derreterse.

As estradas están limpas e desapareceron os problemas de comunicacións despois do intenso traballo das máquinas quitaneves, agás nalgún punto illado de zonas moi altas. A chuvia feble substituíu a neve, o que axuda a derreter os restos que quedan.

As temperaturas van continuar baixas, especialmente o domingo, para cando se predí un novo descenso. Frío e pouca chuvia significa que nos lugares onde o grosor das folerpas acumuladas superou os 20 ou 30  centímetros, a capa de neve vai permanecer durante a fin de semana. 

Non abre Manzaneda

Coas reservas ao cen por cento en Manzaneda para esta fin de semana, ao final a estación de montaña non pode abrir ao público Choveu con moita intensidade toda a noite, subiron as temperaturas a positivo e a neve comezou a derreterse, imposibilitando a práctica do esquí en boas condicións. O que si funcionan son os remontes para acceder á parte máis alta da estación, que aproveitaron os que xa se achegaron a Manzaneda para gozar da neve. Os responsables explican que todo estaba listo, pero as inclemencias metereolóxicas fixeron imposible a súa apertura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade