Skanderani, Kid Mount e Mekánika Rolling Band, nas músicas de Marta Gómez
Sesión en Vilo con Skanderani, unha festa de músicas árabes e africanas e cumbias astrais
Kid Mount e C. Mirazo convértense en cans no segundo sinxelo do disco Neo Amor
Patricia Vázquez protagoniza unha noite de tolemia no último videoclip de Mekánika Rolling Band
A banda da Estrada Skanderani acaba de publicar un novo EP coa producción do Hevi. Trátase dunha colaxe sonora onde teñen cabidas as músicas exóticas do mundo. Dende o jazz etíope ata o soul turco. Unha festa en directo que pechará o programa musical do Play Doc en Tui esta fin de semana.
Kid Mount adianta o segundo sinxelo de Neo Amor, o seu vindeiro álbum. O rapeiro de Xinzo de Limia alíase con C. Mirazo nun videoclip no que se converten en cans para rematar coa idealización do amor, e sentilo máis como unha entrega sen medida e un pracer sen culpabilidade.
Carlos Roma dirixe o último videoclip de Mekánika Rolling Band. O tema chámase Falar e nel convidan a Patricia Vázquez a unha festa na que nada sae como está previsto. A banda foi unha das gañadoras do último certame Cantalingua.