Publicador de contidos

Publicador de contidos

Situación preocupante nalgúns encoros da demarcación do Miño-Sil

Situación preocupante nalgúns encoros da demarcación do Miño-Sil

Na conca do Miño-Sil, os seus encoros están a un 52 % de ocupación media

A auga encorada na Camba, en Vilariño de Conso, non chega ao 23 % da capacidade

No Incio, Muíños e O Saviñao están ao 40

G24.gal 27/07/2022 13:19

Das dúas demarcacións hidrográficas máis importantes que hai en Galicia é a da conca do Miño-Sil a que ten a situación máis preocupante, xa que os seus encoros están a un 52 % de ocupación media

Iso non quere dicir que haxa problemas en todos os encoros. Por exemplo, hainos cunha ocupación superior ao 90 por cento de media, como os dos concellos lugueses de Quiroga ou Carballedo, e outros por riba do 80, coma os de Ourense, Castrelo de Miño, Padrenda ou Nogueira de Ramuín.

En cambio, hainos tamén significativamente baixos. O volume de auga encorada na Camba, en Vilariño de Conso, non chega ao 23 por cento do total que pode ter. No Incio, Muíños e O Saviñao apenas están ao 40.

Concellos como Ribadavia ou Porqueira están con restricións e mesmo estudando como facer novas captacións.

Chaman a atención tamén o anuncio de restricións na conca do Lérez, na comarca de Pontevedra, pertencente á outra gran demarcación, a Galicia-Costa. O concello de Pontevedra pon por primeira vez na súa historia límites á auga da traída, e esta tarde hai unha reunión entre a Xunta e os concellos que se nutren do Lérez para abordar a situación.

Con todo, polo de agora é máis unha medida preventiva e de concienciación cidadá de cara a un escenario peor.

A media de ocupación dos encoros desta demarcación é do 85 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade