Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Sirat' participará nos Premios do Cine Europeo con catro candidaturas

'Sirat' participará nos Premios do Cine Europeo con catro candidaturas

O documental Tardes de Soledad, do director Albert Serra, tamén logra nominacións nestes premios que se celebrarán en Berlín

Óliver Laxe e Sergi López, director e protagonista de 'Sirat', nun acto en Santiago de Compostela (Álvaro Ballesteros-Europa Press-Arquivo) Óliver Laxe e Sergi López, director e protagonista de 'Sirat', nun acto en Santiago de Compostela (Álvaro Ballesteros-Europa Press-Arquivo)
G24.gal 18/11/2025 14:58

Sirat, a película do director galego Oliver Laxe, consegue candidaturas a mellor película, mellor guión, mellor actor e mellor director nos Premios do Cine Europeo. Tamén consegue candidaturas o documental Tardes de Soledad, do director Albert Serra, que opta nas categorías de mellor película e mellor documental.

O anuncio da lista de posibles gañadores tivo lugar este martes no Real Alcázar de Sevilla. Este acto, organizado pola Academia de Cine Europeo, supón a recuperación para Sevilla dun acontecemento que se perdera hai anos e que volverá celebrarse na cidade con carácter bianual.

Nese sentido, a delegada de Turismo e  Cultura do Concello de Sevilla, Angie Moreno, destaca a relevancia deste acto para a cidade.

"Recuperar este anuncio de candidaturas é un logro que reforza a nosa posición como referente cultural e demostra a confianza que a Academia de Cine Europeo deposita na nosa cidade", di.

A gala de entrega dos Premios de Cine Europeo terá lugar o próximo 17 de xaneiro de 2026 en Berlín, Alemaña, onde se coñecerán os gañadores de todas as categorías, incluídas as anunciadas este martes en Sevilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade