Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sindicatos e patronal negocian a suba salarial desde posicións moi distantes

Sindicatos e patronal negocian a suba salarial desde posicións moi distantes

UXT e CCOO queren unha suba do 13,75 % en tres anos

Os empresarios piden considerar a suba dos custos laborais e dos efectos da inflación

Antón Montero 22/03/2023 19:15 Última actualización 22/03/2023 19:26

O último acordo para o emprego e a negociación colectiva finalizou a súa vixencia en 2020. A pandemia deixou en segundo plano a suba dos salarios, e a inflación desbocada do último ano elevou a urxencia dun acordo.

Segundo datos do Ministerio de Traballo, os soldos subiron no último ano un 2,89 %, menos da metade do que o fixeron os prezos. E aos sindicatos esgótaselles a paciencia.

Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT, avisa: "Ou hai acordo ou non imos continuar negociando. A patronal ten que saber que pode elixir entre un país ordenado e tranquilo, que negocie os convenios, reparta a riqueza, ou un país cun alto nivel de conflitividade".

Nin a CEOE nin a patronal da pequena empresa puxeron cifras enriba da mesa, pero advirten que a inflación tamén subiu para eles e que as vendas están estancadas e os custos laborais, disparados.

Para Gerardo Cuerva, presidente de CEPYME: "Hai que poñer enriba da mesa que o incremento salarial que tiveron xa as empresas pemes españolas é superior ao 6 %".

Os sindicatos propoñen unha suba do 13 % con efectos retroactivos entre 2022 e 2024. Pídenlle responsabilidade á patronal.

Unai Sordo, líder de CCOO, cre: "Non pode ser unha patronal que durante a pandemia tivo a altura de miras para chegar a acordos, iso si, con decenas de miles de millóns de cartos públicos enriba da mesa, e cando toca repartir os custos da inflación se borre do mapa".

Do acordo dependen os termos da renovación dos 1.300 convenios colectivos que caducan este ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade