Cargando resultados...
Sindicatos e Goberno de Asturias negocian para tentar acabar coa folga do ensino
Xa dimitiron 85 directores de colexios, e este luns agardábase que o fixese algún máis
G24.gal
09/06/2025 14:30
O Goberno de Asturias e os sindicatos do ensino levan toda a mañá negociando para intentar chegar a un acordo que remate coa folga indefinida. Xa dimitiron 85 directores de colexios, e este luns agardábase que o fixese algún máis.
Os docentes asturianos esixen, entre outras reivindicacións, unha equiparación de salarios co resto de comunidades autónomas.