Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre este luns a matrícula das Escolas Oficiais de Idiomas

Abre este luns a matrícula das Escolas Oficiais de Idiomas

O alumnado de continuidade poderá matricularse entre o 9 e o 23 de xuño en convocatoria ordinaria e entre o 27 de xuño e o 7 de xullo en extraordinaria

Doutra banda, o de novo ingreso debe realizar a preinscrición entre o 16 de xuño e o 7 de xullo

G24.gal 09/06/2025 08:23

A Xunta abre este luns a matrícula das Escolas Oficiais de Idiomas, segundo se recolle na resolución pola que se expoñen instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nestes centros no curso 2025/26.

O alumnado de continuidade poderá matricularse entre o 9 e o 23 de xuño en convocatoria ordinaria e entre o 27 de xuño e o 7 de xullo en extraordinaria. Doutra banda, o de novo ingreso debe realizar a preinscrición entre o 16 de xuño e o 7 de xullo.

Cada persoa poderá presentar unha única solicitude con tres preferencias de grupos nun máximo de dous idiomas e a adxudicación de prazas realizarase a través de sorteo nun acto público o día 9 de xullo ás 09:00 horas na Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Deste xeito, o alumnado de nova incorporación que obteña praza no devandito sorteo deberá matricularse entre o 10 e o 21 de xullo.

En calquera dos casos, a matrícula debe formalizarse obrigatoriamente en liña. Cabe destacar que as persoas interesadas poden escoller entre unha oferta de 11 linguas diferentes: alemán, árabe, chinés, francés, inglés, italiano, portugués, ruso, xaponés, español para estranxeiros e galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar