Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un matrimonio en Oviedo por ter os seus fillos encerrados desde 2021 e rodeados de excrementos

Detido un matrimonio en Oviedo por ter os seus fillos encerrados desde 2021 e rodeados de excrementos

Os nenos son dous xemelgos de oito anos e outro de dez

Jorge Peteiro / Europa Press
G24.gal 29/04/2025 19:31

A Policía Local de Oviedo detivo a un matrimonio de orixe alemá por ter aos seus tres fillos menores, dous xemelgos de 8 anos e outro neno de 10, encerrados na súa vivenda nos arredores de Oviedo durante catro anos e en condicións insalubres.

O matrimonio, que foi arrestado, está formado por un home alemán e unha muller de dobre nacionalidade alemá e estadounidense.

Os detidos prestaron declaración, coa axuda dun tradutor, e xa pasaron a disposición xudicial.

Os menores, que quedaron baixo a tutela da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar, foron trasladados a un centro de menores de Oviedo, onde se atopan acollidos provisionalmente mentres se valora a súa situación.

A familia residía nunha vivenda tipo chalé nos arredores de Oviedo, onde segundo as fontes policiais os menores, que estaban sen escolarizar, atopábanse encerrados desde facía catro anos en condicións insalubres.

Os nenos con máscaras e cueiros

Os seus veciños din que sempre tiñan as persianas baixadas e que a casa parecía deshabitada.

Hai unhas semanas unha veciña alertou a policía de que oía voces de nenos aos que nunca vía e deu pé a unha investigación cun final sorprendente. Co apoio da Fiscalía de Menores, os axentes constataron que na casa estaban encerrados dous nenos xemelgos de oito anos e outro de dez.

Os tres estaban mal nutridos e nunhas pésimas condicións hixiénicas, segundo informou Francisco Javier Lozano, o comisario da Policía Local de Oviedo. 

As pescudas permitiron constatar que a vivenda estaba chea de lixo e de desperdicios e que no seu interior atopábanse tres menores sen escolarizar. Na intervención levada a cabo, os axentes atoparon aos tres nenos con máscaras e cueiros.

Ademais, os pais instaron os policías que se presentaron na vivenda para poñerse máscara antes de acceder ao seu interior. Tras a investigación e detención por parte da Policía Local de Oviedo, o matrimonio quedou a cargo da Garda Civil de Asturias.

Segundo a policía, os pequenos durmían aínda en berces e non estaban escolarizados. Agora están a cargo dos Servizos sociais do Principado de Asturias e seus pais acaban de pasar a disposición xudicial.

Os veciños da zona están aínda conmocionados pola noticia e preocupados pola repercusión que poida ter para os nenos a experiencia vivida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade