Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simulan o choque dun pesqueiro e un quimiqueiro a 14 millas de Laxe

Simulan o choque dun pesqueiro e un quimiqueiro a 14 millas de Laxe

O exercicio pon a proba a rapidez e a coordinación dos equipos anticontaminación de Galicia

Galicia sumou máis de cen exercicios contra a contaminación marítima en 10 anos

G24.gal 11/11/2022 15:08

Supoñamos que un barco de pesca e un quimiqueiro chocan a 14 millas de Laxe. Como consecuencia, unha mancha de hidrocarburo do pesqueiro avanza cara á costa. Cómpre contela antes de que chegue a terra con barreiras, skimmers e depósitos de verteduras. 

Garbiñe Ayensa, xefa da Unidade científica do CAMGAL explica: "Decidimos atracar no porto o barco de pesca e despregar no mar medios contra a contaminación e recuperación como son as barreiras que teñen os buques dos gardacostas".

Por terra, mar e aire desprégase o dispositivo de medios necesario para conter a vertedura. Un exercicio pensado para optimizar a coordinación e poñer a proba os equipos anticontaminación galegos.

"Desde o Prestige en Galicia non deixamos de traballar. Temos participado en 15 estudos de investigación internacional onde logramos novas boias de seguimento e novos materiais para loitar contra a contaminación", explica a Conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Hai 10 anos que Galicia conta co Plan de continxencias por contaminación mariña Camgal. Desde entón houbo que activalo por casos reais en 75 ocasións, 8 delas implicaron nivel de alarma un ou dous. Ademais tamén se fixeron máis dun cento de exercicios coma o que esta mañá protagonizou o porto de Laxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade