Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		'Friccións': vinte anos despois, Ariadna Silva Fernández ponlle imaxes á desmemoria do Prestige
Friccións evoca o rastro de violencia que deixou na Costa da Morte o naufraxio do Prestige
Un proxecto sobre as tensións existentes entre a erosión natural e a antrópica, entre a lembranza do accidente e a desaparición de todo vestixio
                
                    
                        Ariadna Silva Fernández Fotógrafa e artista visual
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            15/12/2022 15:38
                        
                        
                        
                        
                    
                    Di Ariadna Silva Fernández sobre o seu novo proxecto fotográfico que a catástrofe do Prestige é un acontecemento que se atopa ao límite da desmemoria.
Con Friccións activa a memoria do non vivido. A fotógrafa non ten lembranzas individuais daquel momento histórico, pero visita os lugares onde aconteceu para rescatar a súa propia lembranza inexistente.