Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reivindica Galicia como exemplo de consenso e pide cambiar "a polarización e os muros" polo diálogo

Rueda reivindica Galicia como exemplo de consenso e pide cambiar "a polarización e os muros" polo diálogo

O presidente da Xunta participou na inauguración da VIII edición do Foro La Toja

Reclamou "a voz dos máis pequenos nun mundo cada vez máis de xigantes" e formar "parte activa" das solucións para afrontar os retos globais

 

G24.gal 01/10/2026 17:00 Última actualización 01/10/2026 18:29

O presidente da Xunta de Galicia pediu desterrar "dogmas e populismos" do debate público e reclamou que aos territorios "se lles escoite de verdade". Durante a inauguración do Foro La Toja no Grove, Rueda reivindicou "a voz dos máis pequenos nun mundo cada vez máis de xigantes" e pediu formar "parte activa" das solucións para afrontar retos globais.

Na súa intervención, recordou Alfonso Rueda que o foro converte a illa, "nun espazo de reflexion sosegada e plural para discrepar e coincidir". 

Tras apuntar que o mundo atravesa "cambios vertixinosos" que se suceden a unha velocidade "que nos asombra", o titular da Xunta insistiu en que Galicia ten "moito que achegar" aos grandes asuntos que afectan a todo o planeta.

Sostivo que Galicia foi a primeira rexión europea en dotarse dunha lei para poñer "normas e regras" á intelixencia artificial ou que máis do 80% da súa produción enerxética procede de renovables.

A iso sumou que a rexión conta con 18 dos 34 materiais minerais considerados críticos pola UE e avanzou que "imos explotalos con respecto e moita decisión".

Nun momento no que, segundo Rueda, a polarización "levanta muros", Galicia apostou por un modelo de "estabilidade, consenso e moderación", ofrecendo un ecosistema seguro "a quen arrisca cos seus investimentos". Puxo de "exemplo de sensatez" o acordo alcanzado co PSOE pola lingua.

Recordou o presidente da Xunta que se Galicia foi capaz de captar una factoría do tamaño da chinesa SAIC  foi en gran parte "grazas ao clima de estabilidade". Rueda agradeceu a Pedro Sánchez a "colaboración leal do Goberno de España" para esta consecución.

E sobre a vivenda, dixo Rueda que "fóra de dogmas e de populismos" fóra de propostas que dan lugar "a moitas discusións pero poucas solucións" en Galicia "preocupámonos de construír e de facilitar solo" e onde, rematou, "protexemos os propietarios". 

O presidente da Xunta reiterou na necesidade de "frear un pouco", entender que "todos poden ter parte de razón" e apostar por modelos de cogobernanza "que sirvan para enfrontarnos aos desafíos e aos retos que temos por diante". 

Alfonso Rueda tivo palabras de agradecemento para Amancio López Seijas, presidente da Fundación La Toja.  Tamén enxalzou a figura de Marcelo Rebelo de Sousa. Del dixo que é un "exemplo de político con maiúsculas, querido, símbolo de todo un país", o que en Galicia diríase, engadiu Rueda, "un bo e xeneroso". O expresidente da República de Portugal recibe nesta oitava edición o Premio Foro La Toja Josep Piqué.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade