Silencio no PSOE tras a decisión da Audiencia Nacional de investigar as súas contas
Feijóo di que "chegou a hora de cambiar o Goberno e o seu presidente"
O xuíz apunta a feitos que poden rematar sendo investigados por branqueo e financiamento ilegal. De momento, pediulles informes ás partes.
A Audiencia Nacional sitúa o PSOE na diana. Acepta investigar as súas contas polos pagos en metálico a Ábalos e Koldo.
De momento, en Ferraz, silencio. O xuíz Ismael Moreno respondeu en tempo récord á solicitude do Supremo e indagará no uso de miles de euros en efectivo. Unha práctica común, recoñecida polos dirixentes, pero totalmente transparente, en palabras de distintos líderes socialistas. Hai pouco máis dunha semana, Pedro Sánchez, insistía no Senado "que o PSOE é un partido que ten un financiamento totalmente limpo".
Traballadores do PSOE declararon no Supremo que os pagos se facían sen maiores comprobacións. O alto tribunal concluíu que as explicacións non foran suficientes e que había asuntos que non quedaran claros. Segundo Feijóo, un país europeo "non merece isto. Se un goberno non pode resolver os problemas dos cidadáns, hai que cambiar o Goberno e o seu presidente".
O xuíz apunta a feitos que poden rematar sendo investigados por eses dous presuntos delitos. De momento, pediulles informes ás partes.