Cargando resultados...
Sete mortos e seis feridos nun atropelo ante un centro de migrantes en Texas
As vítimas parecen ser migrantes venezolanos que esperaban un autobús
A policía identificou ao autor do tiroteo e investigan a súa relación co supremacismo branco
Zona do atropelo en Brownville, Texas
G24.gal
07/05/2023 20:35
Última actualización 07/05/2023 22:04
Un terrible atropelo múltiple en Texas deixa polo menos sete persoas mortas e outras seis feridas de gravidade.
Foi na cidade de Brownville, contra o mediodía, hora galega, nunha parada de autobús fronte a un centro para persoas sen fogar e inmigrantes. Hai unha persoa detida, o condutor do vehículo que levou por diante a multitude.
Retivérono varias testemuñas ata que chegou a Policía ao lugar. Estánselle practicando diversas probas para ver se consumira alcol ou drogas. Non se descarta que o atropelo fora intencionado.