Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete falecidos e un ferido grave tras un novo tiroteo no estado de California

Sete falecidos e un ferido grave tras un novo tiroteo no estado de California

O sospeitoso, un home de 67 anos, entregouse ás autoridades pouco despois dos ataques

O coñecido como "Estado dourado" é un dos máis restritivos na venda e uso de armas e aínda sofre a alarma social tras o tiroteo do pasado sábado na celebración do Aninovo chinés, co resultado de once falecidos

G24.gal 24/01/2023 07:45

Sete persoas falecidas e unha gravemente ferida en dous tiroteos en Half Moon Bay, unha cidade de pouco máis de 11.000 habitantes situada 19 quilómetros ao sur de San Francisco (California, Os Estados Unidos).

O sospeitoso, un home de 67 anos, entregouse ás autoridades pouco despois dos ataques, segundo confirmou a shériff do condado de San Mateo. As autoridades atoparon catro vítimas mortais preto da granxa de cogomelos e outras tres nun lugar contiguo.

Segundo as autoridades, entre as vítimas do ataque atópanse traballadores dunha granxa de cogomelos e un invernadoiro, situados preto do lugar dos feito. A shériff tamén asegurou que se cre que o atacante traballaba na granxa.

Ata o de agora non se coñece un motivo dos tiroteos, pero as autoridades aseguraron que o atacante actuou só. Dentro do seu coche atoparon unha pistola semiautomática.

O ataque en Half Boon Bay chega mentres o estado de California comeza a recuperarse doutro tiroteo masivo que tivo lugar o sábado á noite na cidade de Monterrey Park (15 quilómetros ao leste dos Ánxeles). Neste ataque, durante a celebración do Aninovo Chinés, onde milleiros de persoas estaban congregadas nunha cidade maiormente asiática, morreron once persoas a mans dun home de 72 anos. O coñecido como "Estado dourado" é un dos máis restritivos na venda e uso de armas. Para comprar unha pistola necesítase ter 21 anos, pasar unha proba de tiro, achegar unha identificación e presentar unha solicitude ao Departamento de Xustiza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade