Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete persoas detidas por extorsionar usuarios de páxinas de contactos

Sete persoas detidas por extorsionar usuarios de páxinas de contactos

Captaban as súas vítimas mediante anuncios falsos de servizos sexuais publicados na Internet

Conseguiron retirar máis de 126.000 euros de caixeiros automáticos, algúns da provincia da Coruña

A Garda Civil investigou outras 14 persoas relacionadas coa operación que continúa aberta

Un dos detidos na operación. GARDA CIVIL
G24.gal 19/07/2026 10:30 Última actualización 19/07/2026 13:20

A Garda Civil de Cidade Real detivo sete persoas e investigou outras 14 acusadas de integrar un grupo criminal dedicado a extorsionar usuarios de páxinas web de contactos.

Segundo informa o instituto armado nun comunicado, ameazaban as vítimas con difundir os seus datos ou mandar sicarios ás súas casas se non pagaban o que pedían.

A investigación iniciouse tras a presentación de varias denuncias en distintas localidades da provincia nas que os autores da sextorsión captaban a xente mediante anuncios falsos de servizos sexuais publicados na Internet.

Unha vez que establecían comunicación a través de aplicacións de mensaxería instantánea, os membros do grupo obtiñan datos privados como o nome, o número de teléfono ou o lugar de residencia.

Con esa información, os extorsionados recibían hamadas telefónicas nas que se lles esixían cartos baixo ameazas de difundir a súa actividade nas páxinas de contactos ou de enviar sicarios aos seus domicilios para causarlles danos tanto a eles como ás súas familias.

A intimidación provocou que numerosas vítimas accederan a realizar os pagos esixidos, o que lle permitiu á organización recadar máis de 126.000 euros na provincia de Cidade Real.

O grupo estaba organizado e os seus membros tiñan diferentes funcións

Diferentes funcións

A investigación puxo de manifesto que o grupo criminal estaba organizado de xeito que os seus integrantes tiñan diferentes funcións.

Un primeiro núcleo encargábase de publicar os anuncios falsos na Internet, gañar a confianza das vítimas e recompilar os seus datos privados mediante técnicas de enxeñería social.

Outros membros asumían a fase de extorsión, contactando telefonicamente coas persoas afectadas para esixirlles diñeiro baixo ameazas.

Ameazaban as vítimas con difundir os seus datos ou mandarlles sicarios Ameazaban as vítimas con difundir os seus datos ou mandarlles sicarios

Cartos retirados en caixeiros da Coruña

Os cartos retirábanse en efectivo en caixeiros automáticos de distintas localidades das provincias de Barcelona, Tarragona, Xirona, Almería, Madrid, A Coruña e Cidade Real.

Para iso, a organización utilizaba as denominadas "mulas económicas", encargadas de extraer o efectivo e participar no branqueo dos fondos.

A Garda Civil asegura que algúns dos detidos e investigados contan con numerosos antecedentes policiais e xudiciais por feitos similares e o mesmo modus operandi.

A operación, desenvolvida polo Equipo da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Comandancia da Garda Civil de Cidade Real, continúa aberta, polo que non se descartan novas detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade