Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda denuncia os atrancos en tres cidades para construír residencias de maiores

Rueda denuncia os atrancos en tres cidades para construír residencias de maiores

A sesión de control do Parlamento de Galicai estivo marcada tamén pola enerxía eólica

G24.gal 02/12/2022 09:22

O presidente da Xunta denuncia que os gobernos de tres cidades galegas están a poñer atrancos para construír as novas residencias de maiores. Alfonso Rueda referiuse a ese proxecto de 7 novas residencias públicas nas cidades de Galicia. Hai 3 que acumulan atrasos e Rueda asegura que os gobernos socialistas desas cidades non están a tramitar as licenzas para construír.

Foi a raíz do reclamo do voceiro socialista, Luis Álvarez, que lle pediu a Rueda un maior esforzo da Xunta en inclusión social. 

A sesión de control completouse cun debate sobre o aproveitamento que debemos facer en Galicia da enerxía eólica. Unha enerxía eólica que redunde no beneficio dos galegos. É o que pediu a voceira do BNG, que acusa a Xunta de beneficiar as grandes empresas e de autorizar un excesivo número de parques.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade