Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta farase cargo do 20 % dos avais para que os mozos compren a súa primeira vivenda

A Xunta farase cargo do 20 % dos avais para que os mozos compren a súa primeira vivenda

As políticas sociais e o seu peso nos orzametos centraron o debate no Parlamento

Álvarez pide mudar os orzamentos para centralos nas dificultades das persoas máis necesitadas

Pontón reclama dous millóns de euros máis para alugueiros
 

G24.gal 05/10/2022 08:24 Última actualización 05/10/2022 15:38

O debate parlamentario déixanos cando menos dúas ideas por parte do presidente da Xunta: desde 2009 duplicaron o gasto en políticas sociais; e o Goberno galego seguirá atendendo esas necesidades con políticas económicas sostibles. A oposición cre que queda escaso nesa aposta, sobre todo en materia de vivenda pública. 

Queda moito por facer en política social. Niso coincidiron o presidente da Xunta e o voceiro socialista. Rueda recorda que multiplicaron por dous ese gasto desde 2009. Hano seguir facendo, pero sen rachar co equilibrio das contas públicas.

Escaso investimento en vivenda e baixa execución dos gastos da Xunta nese capítulo. Foi a acusación da voceira do BNG. Rueda apuntou aos orzamentos de 2023, que multiplican por cinco as axudas para vivenda nova e rehabilitada. Ademais, recordou a posta en marcha da axuda do 20 por cento do aval para a compra de vivenda por parte dos menores de 35 anos.

Minuto a minuto

12:11

"Obxectivo para o ano 2023: queremos dotar Galicia de 1.200 vivendas públicas. Queremos facer políticas reais en materia de vivenda", remata dicindo o presidente da Xunta.

12:06

"27 millóns para bonos de alugueiro nos presupostos do ano 2023, ese que non escoitou o señor Álvarez, bono social, bono da mocidade e bono xeral, moi por enriba das cantidades deste ano, señora Pontón. Obxectivo conseguido".

12:04

Sobre as axudas aos máis novos para comprar unha vivenda, responde Rueda que lanzaron as primeiras no "ano 21 para vivenda nova ou rehabilitada e tiveron moito éxito. Multiplicamos esas axudas no orzamento do 23. Axudan, funcionan, non é propaganda".

12:02

"Ao mellor nos acertamos en política de vivenda porque intentamos falar con todo o mundo. Preferimos falar cos que saben e por iso asinamos o Pacto social de vivenda Galicia 21-25", responde Rueda.

12:01

"Cando queira", dille Rueda a Pontón, "vemos os niveis de execución que tiñan vostedes en vivenda e que temos nós e verá que non están para dar leccións en absoluto".

11:59

Rueda lembra que Galicia xa ten en marcha todos os plans derivados dos fondos europeos, "malia as dificultades e todos os condicionantes do Goberno central".

11:57

Replica Rueda a Pontón que como non ten a "responsabilidade de Gobernar e moi doado dicir todas estas cousas, igual que é fácil dicir que non executamos os plans de vivenda. Executados ao 100 %. Catro plans, catro plans executados ao 100 %".

11:55

Remata o presidente da Xunta e replícalle á voceira do BNG que coas cifras de vivenda baleira se está referindo á "vivenda que non somos capaces de alugar, a garaxes e solares sen identificar. Esa é a seriedade".

11:48

A voceira do BNG proponlle a Rueda poñerlle enriba da mesa medidas que xa se poden levar adiante nos orzamentos e 2023: duplicar o investimento en política social e vivenda, complementar o bono alugueiro para a mocidade como mínimo con dous de euros máis, reformular o bono alugueiro para evitar os desafiuzamentos e apostar por vivenda pública de alugueiro".

11:47

"Construíron en seis anos 40 novas vivendas protexidas, é unha vergoña", di Ana Pontón.

11:44

Ana Pontón recrimínalle a Rueda que vaia a Parlamento con anuncios e propagandas cando a xente nova "e sobre todo moitísimas familias non teñen a posibilidade de poder alugar unha vivenda porque se converteu non artigo de luxo que non está ao alcance da súa man"

11:42

Ana Pontón reclámalle a Rueda unha política social de vivenda: "Non veña dicir que non hai vivendas en alugueiro, cando hai 340.000 baleiras. O que non hai é capacidade para poñer no centro as necesidades das persoas".

11:39

"Vostede coñece o informe Foessa", explica a voceira do BNG, "di que Galicia ten o peor dato de exclusión residencial de todo o Estado e a vostede parécelle que aquí está todo ben".

11:38

Ana Pontón volve lembrarlle a Rueda que "vetaron a comisión para investigar Angrois. Iso si e política partidaria: negarlle ás vítimas e aos galegos o dereito a coñecer a verdade".

11:37

"Seguimos traballando sen demagoxias e con realidades" en vivenda, remata dicindo Rueda.

11:35

Lembra o presidente da Xunta que desde que están no Goberno "se adxudicaron 23.000 vivendas de promoción pública, 280 inmobles rehabilitados, 600 axudas para adquirir vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes".

11:32

Sobre as axudas ao alugueiro, Rueda di que desde 2015 se beneficiaron 23.000 galegos, e que se baixou o imposto de patrimonio un 19 % e beneficiaronse máis de 40.000 cidadáns. 

11:30

Rueda: "Somos a sétima comunidade autónoma con mellor porcentaxe de mozos emancipados en relación á posibilidade de ter unha vivenda, en alugueiro ou en venda, segundo di o Consello de Xuventude de España".

11:28

Na futura lei de vivenda estatal, dille Rueda a Pontón, "preténdese que a ocupación ilegal sexa un xeito preferente para acceder a vivenda pública residencial. Este tema tamén é vivenda e deste tema tamén hai que falar".

11:24

Sobre a vivenda baleira, Rueda dille a Ana Pontón que en algún momento terán que falar dun tema que "a vostede non lle gusta moito, que é o daquela xente que teme poñer en alugueiro unha vivenda". "Estamos tratando de falar co Goberno central e non hai maneira de que este tema o tome realmente en serio, todo o que ten que ver co réxime para loitar contra as ocupacións. Un réxime xurídico duradeiro, eficaz e ben definido", di o presidente da Xunta.

11:23

Explica Rueda que a vivenda é moi impotente para a inclusión social, para os máis novos e tamén para a vertebración do territorio.

11:22

Rueda dille a Pontón que coincide con ela en que é "moi importante todo o que ten que ver coa vivenda" e que tamén é primordial para a Xunta de Galicia.

11:19

Alfonso Rueda replícalle a Ana Pontón que o Goberno da Xunta de Galicia "e eu mesmo tamén estamos desexando que se faga xustiza respecto ao accidente do Alvia e por iso fixemos ese esforzo, máis dun millón de euros para preparar todo o aparato de xustiza que nos pediu o Poder Xudicial para que todo saia ben".

11:18

"Que están facendo desde o Goberno para axudar á xente a ter unha vivenda digna?, pregúntalle Ana Pontón a Rueda.

11:15

Canto á mobilización das vivendas baleiras, Pontón di que a Xunta só conseguiu mobilizar "30 vivendas en catro anos, nun país como Galicia que ten máis de 340.000 vivendas baleiras".

11:14

No programa de vivenda, o ano pasado "deixaron de executar 17 millons de euros, o 67 % do presuposto total. E iso é o que fan ano tras ano", salienta Ana Pontón.

11:12

Ana Pontón di que a Xunta leva 13 anos cunha política de "brazos caídos e dicíndolle á xente que busque a vida porque non fixeron políticas sociais de vivenda". "Recortaron nun 50 % o investimento en vivenda".

11:08

A voceira do BNG pregunta a Rueda sobre a vivenda. Dille que acceder a un vivenda é misión imposible para miles de persoas en Galicia e sobre todo nas cidades. Explica que tomando como referencia algúns portais inmobilirios, "o alugueiro subiu un 47 %" e que, en cidades como Vigo, A Coruña ou Compostela, a media dos alugueiros está 600 euros ao mes.

11:05

Ana Pontón, voceira do BNG, comeza a súa quenda mostrando a súa solidariedade coas vítimas do Alvia que levan nove anos "con veto do PP e do partido socialista, agardando que esta cámara investigue o máis terrible accidente ferroviario que vivimos en Galicia. Nove anos sen que o señor José Blanco e a señora Ana Pastor asumisen as súas responsabilidades políticas".

11:03

Rueda dille a Álvarez que a mensaxe é que "non estamos coa urxencia de manternos no poder cos nosos socios e as políticas sociais non son cos socios de goberno, son cos galegos e coas galegas que confían neste goberno e xa levan moitos anos confiando".

10:59

O presidente da Xunta lembra que a senda fiscal ten un "marcado carácter social" e volveron baixar o IRPF para as rendas máis baixas do 9,4 % ao 9 %, que deflataron os tres primeiros treitos, que se lles dá un tratamento fiscal e familia numerosa ás que teñen dous fillos, que se volveu actualizar a Risga e se instarurará un 20 % de aval para a xente nova que quere comprar vivenda.

10:57

Rueda explica que tiveron que blindar 50 millóns para a Risga cando "vostedes tiñan que estar atendendo" as persoas que solicitaron o ingreso mínimo vital. "Nós non imos deixar toda esa xente atrás".

10:56

"Dígalle a Escrivá que ao mellor era mellor un pouquiño menos de propaganda e un pouquiño máis de eficicacia", engade Rueda.

10:54

Rueda tamén lle lanzou unha proposta ao voceiro do grupo socialista: "fale co ministro Escrivá" e "infórmeo de que o 60 % das persoas que en Galicia poden pedir o ingreso mínimo vital prefiren quedar na renda de inclusión social, porque a xestiona a Xunta e van poder cobrar".

10:52

Rueda dille ao voceiro socialista que outra cousa "é recoñecer uns presupostos planificados e traballados. Non os improvisamos. Non os pechamos en unións nocturnas de última hora".

10:49

No peche da pregunta, Alfonso Rueda responde ao grupo socialista que "este é un Goberno serio. Aprobamos os orzamentos todos os anos en tempo e forma e iso é o que permite facer políticas públicas, tamén de axudas sociais, paras improvisacións, pactos e última hora, para acceder para manterse na Moncloa, para iso están vostedes".

10:46

"Que van facer vostedes, de verdade? Fágolle unha oferta, paralice vostede a presentación dos orzamentos neste Parlamento, porque o grupo socialista considera que non son os necesarios para os galegos, malia ter o maior orzamento da historia, e ten a nosa colaboración para reorientar eses orzamentos", di Álvarez Martínez.

10:45

"Que repercusión van ter na miña vida diaria esa morea de millóns, señor Rueda?", di o voceiro socialista.

10:42

"Despois desa morea de millóns que anuncia que levan investido desde o ano 2009, nos levase a onde estamos", di Álvarez Martinez, porque "os datos que eu dou son do Instituto Galego de Estatística, de onte, señor Rueda. Pregúntolle de novo, que vai facer en materia de política social?

10:40

Co servizo de Dependencia está afogando aos concellos, di o voceiro socialista, e hai decenas de empresas que están renunciando ás prórrogas porque o custo que coofinancia a Xunta de Galicia supón sobre as arcas municipais un incremento "moi dificilmente asumible".

10:37

O voceiro socialista respóndelle ao presidente da Xunta que o atendeu perfectamente na presentación dos presupostos e que descualificar ao voceiro socialista non soluciona os problemas das persoas necesitadas.

10:36

"Temos claro que os servizos sociais son fundamentais, nesta é poca de incerteza", remata Rueda dicindo, pero "teñen que ser sostibles".

10:30

Rueda lembra que se destinaron 50 millóns á Risga no 2022, 7.000 persoas acollidas a ela e 3.000 persoas e inclusión social. Destinados 8 millóns de euros para 37.000 galegos que reciben o complemento ás pensións non contributivas, 1.500 familias acollidas ao bono alugueiro social cun presuposto de 9 millóns de euros, 55 millóns dedicados á gratuidade das escolas infantís, "vostedes a isto nunca lle dan ningunha importancia". Os informes do índice DEC din que é a sexta comunidade autónoma cos servizos máis eficientes.

10:29

O presidente da Xunta lembra que desde o ano 2009 se multiplicaron por catro as persoas acollidas a algunhas das prestacións da Lei de dependencia.

10:27

Sobre os cartos dedicados a integración social, "140 millóns e vostedes 70, non me estraña que non queiran comparacións", dille Rueda ao voceiro socialista.

10:25

Non quere comparacións, di Rueda, porque "verá que fomos subindo os orzamentos a políticas sociais, mesmo en momento difíciles". "Teño que facer unha comparación é decirlle que este ano subirán os orzamentos en 900 millóns de euros dedicados a políticas sociais, xusto o dobre do que dedicaban vostedes".

10:22

Hai que facer as cousas con sentidiño, continuidade e estabilidade. Isto non é un debate de cifras. Non lles convén señor Álvarez, sempre pon a venda antes que a ferida." Rueda engade que se non quere que lle fale das cifras do bipartito, que entón el non lle fale de que existiron rebaixas aos recortes, porque é todo o contrario.

10:20

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, respondelle ao voceiro socialista que non debeu escoitar a explicación dos presupostos porque se dixo que ían estar centrados "nas persoas que máis se necesita. Eu dígolle que o imos seguir facendo, aquí se están facendo moitas cousas e hai continuar facéndoas".

10:19

"Que políticas sociais vai desenvolver vostede nos orzamentos de 2023?, pregúntalle o voceiro socialista a Rueda, "porque non dixo nada".

10:18

Sobre o acceso á vivenda, vostedes teñen recoñecido o 3 % do programa de acceso a vivenda. "Non é un debate de cifras, é un debate de atención ás persoas", salienta.

10:16

No sistema de axuda ao fogar, di o voceiro socialista que hai 25.000 persoas que teñen solicitado o servizo e que hai listas de agarda porque a concesión está supeditada á Consellería de Política social.

10:12

Sobre a vacinación dos maiores, di o voceiro do grupo socialista que os maiores van ter que gastar os cartos en taxi para acudir aos centros de vacinación porque grazas a Xunta non hai autobús, hai taxi a demanda, en lugares como Nogueira de Muñiz, e o custo para un matrimonio para ir a Lugo pode ser de 200 euros.

10:09

Pídelle o voceiro socialista a Rueda que non "cometa o erro de utilizar de referencia o ano 2009". Argumenta que a diferenza entre as prazas de financiamento público Galicia en relación coa media estatal é máis grande agora que no ano 2009.

10:08

Álvarez Martínez lémbralle ao presidente que Galicia ten un déficit de máis de 15.000 prazas segundo a ratio recomendada pola OMS.

10:03

O voceiro do grupo do PSdeG comeza lembrando que Galicia vai ter o maior orzamento da súa historia e que, con todo, o presidente da Xunta na presentación dos presupostos non despexou ningunha dúbida sobre a atención ás persoas máis necesitadas, cando onte coñecemos que a metade dos fogares galegos non chegan a fin de mes.

10:02

Comeza a sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento de Galicia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar