Facenda cesa o alto cargo investigado xunto a Montoro
A xustiza considera que puido participar activamente na modificación de leis para favorecer empresas enerxéticas
O Ministerio de Facenda cesou a Óscar del Amo, subdirector xeral de Tributos Locais, imputado no chamado caso Montoro.
A xustiza considera que puido participar activamente na modificación de leis para favorecer empresas enerxéticas que contrataban co despacho económico fundado polo exministro de Facenda.
Segundo o auto, ocupaba un cargo clave para incorporar esas pretensións aos anteproxectos lexislativos. Ao tempo, coñécense máis detalles sobre a investigación a Cristóbal Montoro: segundo El País, non só empresas gasistas pagaron ao seu antigo bufete para influír no Goberno, senón tamén eléctricas e compañías de renovables. El Mundo engade que varios ministros advertiron a Mariano Rajoy das manobras da consultora.