Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miriam Bermúdez abandona o BNG de Viveiro e deixa a formación por discrepancias co partido

Miriam Bermúdez abandona o BNG de Viveiro e deixa a formación por discrepancias co partido

O abandono da portavoz está marcado polas discrepancias cos responsables comarcais do partido

Con ela tamén marchan Bea Lage e Iván Pena

G24.gal 18/07/2025 13:18

A que era ata agora a portavoz do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, comunicou que renuncia como edil, abandona a formación e a política municipal por discrepancias cos responsables comarcais do partido ante a inacción da dirección por resolver o problema.

Xunto a ela, deixan o Bloque a responsable local Bea Lage e o responsable de comunicación Iván Pena.

O BNG de Viveiro destacou nun comunicado que Bermúdez desenvolveu a súa actividade con moito traballo e dedicación.

Grazas ao seu traballo, o BNG pasou de non ter representación no consistorio local a contar con tres concelleiros. Tamén valoraron que no seu período se impulsaron propostas propias dirixidas á modernización de Viveiro.

Así, Bermúdez pecha unha etapa na que contribuíu a consolidar a organización local máis estruturada e na que dinamizou o concello enfocándoo nos veciños. 

A portavoz nacional do BNG Ana Pontón agradeceulle o seu gran labor cando foi preguntada polo tema.

"Só teño palabras de recoñecemento. Fixo un gran labor, teño unha excelente relación, e todo o noso recoñecemento, e o meu en particular, polo seu traballo ao longo destes anos", resolveu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade