Cargando resultados...
A Xunta pídelle ao Goberno unha reunión urxente para abordar o novo mapa de autobuses
Din que non aceptarán unha proposta do Ministerio "imposta sen diálogo"
G24.gal
16/09/2025 11:14
O conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, envioulle unha carta ao ministro Óscar Puente pedindo unha convocatoria urxente da Conferencia Sectorial de Transportes, que leva sen reunirse, engade, dende xullo de 2022.
Di que a Xunta non aceptará "unha imposición unilateral limitada a escoller entre dúas opcións formuladas sen diálogo e sen analizar a realidade e as necesidades de conectividade de Galicia".
Cre que a proposta do Ministerio suporía illar unha parte importante do rural galego e 22 concellos, que suman 130.000 habitantes, poderían verse afectados en tráficos e paradas.