A folga nos buses da Coruña deixa ringleiras nas paradas e cortes de tráfico
Os traballadores mobilizáronse para pedir melloras laborais e avances no convenio colectivo
Ringleiras de viaxeiros nas paradas de autobús principais coincidindo coa hora punta.
"Estamos agardando. Xa sabemos que hoxe tardan en vir", din unhas viaxeiras.
A folga dos traballadores da Compañía de Tranvías deixou A Coruña con pouco máis do 60 % dos servizos habituais.
"Estaba mirando agora o 2 e estaba pensando que non aparece", explica unha usuaria.
As liñas máis reforzadas, as conexións cos centros sanitarios e educativos.
"Algún bus din que vai haber. Así que agardo chegar", asegura unha universitaria.
Os traballadores piden melloras laborais e avances no convenio colectivo.
"Cada vez estanse precarizando máis os nosos contratos. E chega un momento no que hai que tomar medidas", explica o portavoz dos traballadores, Alberto Couselo.
Desde a Compañía de Tranvías aseguran que a proposta da empresa garante o servizo e as condicións do cadro de persoal. E denuncian as incidencias que deixa esta xornada coa rotura das ventás dun autobús á saída das cocheiras.