Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas impide de novo que o galego sexa recoñecido como lingua oficial na UE

Bruxelas impide de novo que o galego sexa recoñecido como lingua oficial na UE

Os socios europeos opóñense polas dúbidas legais e financeiras que existen sobre o impacto que a reforma provocaría no conxunto da UE

É a sétima vez en dous anos que o Consello de Asuntos Xerais da UE aborda a oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro á petición do Goberno español

Arquivo Arquivo
G24.gal 18/07/2025 13:28

Os gobernos europeos frearon este venres a petición española para que o galego, o catalán e o éuscaro sexan recoñecidos como linguas oficiais da Unión Europea. A razón, as dúbidas legais e financeiras sen resolver sobre o impacto que tería tal reforma no conxunto da Unión Europea. España sostén que respondeu xa a todas as dúbidas expresadas polos seus socios.

As posicións quedaron patentes no debate de algo menos dunha hora que os ministros dedicaron ao asunto durante o Consello de Asuntos Xerais celebrado en Bruxelas.

A oficialidade das linguas cooficiais chocou por sétima vez desde que España a puxo sobre a mesa en 2023, co rexeitamento de preto dunha decena de países e as reservas dos servizos legais do Consello.

A discusión foi por momentos tensa, segundo describiron fontes europeas, pola opinión de países como Alemaña de que a reforma nos termos en que expón España non é compatible cos Tratados, tal e como tamén sosteñen os servizos legais do Consello.

Aínda que España suxeriu que buscaría someter a cuestión a votación, a presidencia de quenda da UE, que este semestre exerce Dinamarca, avisou de que non prevía que a cuestión se sometese a votación este venres, dado que persisten as dúbidas para un asunto que require unanimidade para saír adiante.

Xa antes de que comezase a reunión, varios ministros expresaron as súas dúbidas en declaracións á prensa e avisaron de que era demasiado pronto para tomar ningunha decisión, As mesmas reservas amosaron en público os representantes de países como Polonia ou Austria a porta pechada.

Desde que o Goberno pactou con Junts en agosto de 2023 defender a oficialidade do catalán na UE como condición para a investidura de Pedro Sánchez, o asunto incluíuse ata o de agora na axenda doutras seis reunións do Consello de Asuntos Xerais da UE: catro baixo a presidencia de quenda de España, unha cando a presidencia rotatoria de Bélxica e outra, con Polonia.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade