Sergi García ficha polo Breogán mentres que Laurynas Birutis deixa o Obradoiro
Sergi García formou parte do Gran Canaria na pasada tempada
Birutis volve xogar co Zalguiris
Sergi García Calvo (Palma de Mallorca, 17 de febreiro de 1997) reforzará ao Río Breogán no posto de base. O novo xogador celeste conta con experiencia en Liga Endesa (Zaragoza, Valencia, Manresa, Baskonia, Andorra e Gran Canaria), cun paso pola liga alemá ( SC Rasta Vechta).
Formado no Club Sant Josep Obrer de Palma, García debutou en Liga Endesa con só 16 anos da man do CAI Zaragoza.
Internacional con España en todas as categorías de formación, tamén participou en convocatorias das Ventás FIBA co combinado absoluto.
Sergi García formou parte do Gran Canaria (Liga Endesa) na pasada tempada.
O novo xogador do Río Breogán é un base zurdo, rápido, con envergadura física que lle permite ser polivalente e poder defender en todas as posicións exteriores e conta con gran capacidade de dirección.
Mentres, o pivot do Obradoiro, Laurynas Birutis, puxo punto final á súa etapa no Monbus Obradoiro, onde xogou as dúas últimas tempadas. O pivote lituano regresa ao seu país para xogar no Zalgiris, polo que disputará a próxima Euroliga.
First signing of the summer. Welcome back to Kaunas, Laurynas! 🤝
— BC Zalgiris Kaunas (@bczalgiris) June 10, 2022
📰: https://t.co/8QvVhTNVoi pic.twitter.com/CHcCdNQbog