Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sergi Barjuán debuta como adestrador interino do Barça

Sergi Barjuán debuta como adestrador interino do Barça

Recibe no Camp Nou o Alavés

Sergi Barjuán xunto a Joan Laporta
G24.gal 30/10/2021 13:46

Solución provisional para unha situación límite. Sergi Barjuán foi presentado como interino, e como tal afrontará os presumibles tres partidos que ten por díante. O primeiro, esta noite ante o Alavés, fundamental para que o Barça siga vivo na liga. Sergi, que convocou a dous novos do filial, Álvaro Sanz e Ez Abde, comezou polo básico, que é a intensidade.

Semella que non vai ter tempo para moito máis. O que dure a negociación con Xavi Hernández, o obxectivo da entidade e do seu presidente.

Un equipo que non se desviará do ADN blaugrá implantado por Cruyff, tal e como dí Joan Laporta.

 O que parece innegociable é a vitoria hoxe no Camp Nou e o o vindeiro martes en Kiev para que o Barça manteña opcións en liga e Champions.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade