Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen pases para visitar a praia das Catedrais a primeira quincena de agosto

Sen pases para visitar a praia das Catedrais a primeira quincena de agosto

Xa hai 130.000 reservas para todo o mes e a previsión é esgotar a cota diaria de 4.812 persoas

A única opción de non quedar sen esta visita é facer uso do taxi ou do bus desde Ribadeo ou aloxarse nesta localidade
 

G24.gal 04/08/2025 13:13

Coñecer a praia das Catedrais é unha das visitas obrigadas para os que veñen a Galicia.

 "Madrugamos e vimos tamén o amencer, é un espectáculo", comenta un turista.

Por algo está entre os mellores areais do mundo. 

"É máxico", di un turista, e outro cualifica a visita de "unha loucura".

E ninguén quere perder a experiencia de pasear baixo os arcos e as covas milenarias esculpidas polo mar.

 "A erosión, os anos, o mar, un espectáculo, moi bonito", explica unha muller.

Para visitar a praia hai que reservar a entrada, é de balde, pero sen este pase un non pode acceder á praia. Un control de acceso que se implantou no 2015 para protexer o monumento natural.

 "Hai dous meses que collemos o pase", asegura unha muller.

Cada día habilítanse 4.812 pases, están esgotados para os próximos quince días. A única opción de non quedar sen esta visita é facer uso do taxi ou do bus desde Ribadeo ou aloxarse nesta localidade.

 "Mira, collémolos o día 30, fomos mirar o día 1 e xa non quedaban para toda a quincena", comenta unha muller.

O ritmo de reservas é altísimo. Para todo o mes xa se despacharon 130.000 pases, pero a previsión é que se esgoten todos os días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade