Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen data para o restablecemento do servizo de auga en Betanzos

Sen data para o restablecemento do servizo de auga en Betanzos

O Concello rematou a limpeza e desinfección da rede e agarda os resultados de novas probas realizadas

G24.gal 06/06/2023 20:58 Última actualización 06/06/2023 21:05

No medio da preocupación veciñal, o Concello de Betanzos explicou as medidas levadas a cabo ata o de agora, entre elas a limpeza e a desinfección da rede de abastecemento de auga municipal. Unha actuación que se completará nas próximas horas.

Ao mesmo tempo, seguirán recolléndose mostras en diferentes puntos ata confirmar que o virus desapareceu e así poder restablecer o servizo de auga municipal.

A alcaldesa da vila asegurou que o virus tamén se detectou na zona de captación do río Mendo.

"O importante dende o noso punto de vista é que nas mostras recollidas pola empresa se detecta presenza de norovirus na captación do río Mendo", afirma a alcaldesa en funcións de Betanzos.

A sospeita da presenza dun virus na auga da traída de Betanzos detectouse o 28 de maio despois de que o centro de atención primaria alertara da aparición de 60 casos de gastroenterite, sen vinculación entre si, nun mesmo día.

Os casos foron aumentando ata chegar a case medio cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar