Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen citas na Seguridade Social neste mes de agosto

Sen citas na Seguridade Social neste mes de agosto

As oficinas da Coruña son as máis saturadas, con sete días e medio de agarda, fronte aos cinco e medio da media nacional 

G24.gal 11/08/2025 14:29

Conseguir unha cita previa para realizar un trámite na Seguridade Social convértese nunha odisea para moitos cidadáns.

"En agosto, imposible. Eu xa a teño pedida de hai tempo", di unha usuaria.

Non queda outra que anticiparse. Pero o problema agrávase cando se precisa resolver un trámite urxente no que os prazos apuran.

"Eu veño sen cita. A ver se me atenden", explica un usuario.

Nese caso toca armarse de paciencia e agardar a ringleira á porta dalgunha das oficinas de atención ao cidadán.

"Non debería existir a cita previa. Agora non ten sentido", opina unha usuaria.

A outra alternativa pasa por resolver o trámite de xeito telemático. Outra complicación porque nese caso precísase do certificado dixital. E para obtelo hai que acudir a unha oficina. É o que se coñece como burocracia dixital, unha barreira para moitos cidadáns que precisan realizar trámites esenciais. En Galicia, as oficinas da Coruña son as máis saturadas.

"Na Coruña a media en ser atendidos están en sete días e medio fronte aos cinco e medio da media nacional", explica Enrique García, Portavoz da OCU.

A clave está en insistir, teléfono en man, e ir refrescando a pantalla ata atopar unha cita dispoñible. Case tan complicado coma atopar un oco nas praias en plena vaga de calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos